lunes, 3 de febrero de 2014

Dia dos Humidais

Onte conmemorouse o Dia Mundial dos Humidais, desta volta o lema da xornada foi Humidais e Agricultura, como podedes comprobar na web do Ramsar.
¿Cal e a situación dos humidais galegos?. Poderiamos decir que unha imaxe vale mais que mil palabras, usando esta imaxe de ConservationBytes. A pesares de vir das antipodas reflicte moi ben a perspectiva que ainda ten moita poboacion da utilidade das zonas humidas.

Esta e a actitude de gran parte da poboación que vive a caron dos humidais, o que explica o estado de moitos humidais de pequeno ou mediano tamaño.
Recentemente a SGHN alertou do estado de contaminacion moi preocupante por arsenico, cobre e chumbo que sofre a zona Ramsar Umia-Grove-Carreiron, unha das principais zonas de invernada de aves acuaticas de Galicia. Na mesma web a SGHN mostra cales son as actuacions propostas para "mellorar" a pesima situacion das augas dalguns dos encoros do Limia. Este problema tamen ocorre no encoro da Baxe no Umia.
Por non falar da presenza de especies exoticas que ameazan a nosa biodiversidade. Fauna e flora aloctona aparecen por todas as nosas zonas humidas. Algunhas veces o seu efecto e moi evidente, pero outras veces non esta claro ata que producen algunha catastrofe.


 
Algunha desas especies, coma o cangrexo vermello, esta moi estendida e leva tantos anos con nos que parece da casa. Ainda que os anfibios e os invertebrados non esten moi contentos de compartir o seu habitat con este e outros aliens.
Outras son recen chegados, coma o mapache, que colonizou o Miño despois dun escape procedente dun zooloxico cercano.


E rematarei novamente cunha viñeta de Calros Silvar que resume a sensacion daqueles preocupados polos humidais cando se achegan a algun deles.



 

sábado, 28 de julio de 2012

Efectos da climatoloxia no exito reprodutor dos anfibios

O pasado outono-inverno, e parte da primavera, tiveron como característica principal a seca. Esta foi unha das secas mais importantes, senón a peor, dende que hai rexistros climáticos.
A influenza desta anomalía climatolóxica sobre a tempada reprodutora dos anfibios sen dúbida tivo que ser de gran importancia. Estes animais están moi ligados a auga, ben durante todo o seu ciclo vital, ben durante o seu período reprodutivo. O comezo deste período esta vinculado a combinación dunha serie de factores (humidade, precipitación, temperatura, entre outros). Unha revisión dos diferentes tipos de estratexias reprodutoras foi publicada por Hartel e outros colaboradores.
Pois ben, tomando coma exemplo o LIC Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, no que se ven realizando un seguimento da reprodución do sapo común (Bufo bufo), poderiamos inferir que a seca tivo efectos moi importantes no éxito reprodutivo da especie.
Esta especie presenta un patrón reprodutivo dos que se describen coma "explosivo", caracterizado pola aparición dun gran número de exemplares no momento álxido da reprodución, que pode durar horas, días ou semanas. Esta sería a teoría, xa que precisamente algunhas poboacións deste LIC non encaixan perfectamente nesta descrición.
O gran número de exemplares, co ratio de sexos virado cara os machos, provoca unha alta competencia polas femias, chegando a producirse amplexus múltiples.

Incluso podendo suceder o que se denominou "bola de sapos", no que varios machos tentar aparearse cunha femia, que pode chegar a morrer afogada polo acoso destes machos.
Finalmente, o macho que consegue manterse en amplexus fertilizará a posta, que será fixada a vexetación acuática. Xeralmente con preferencia por medios acuáticos relativamente profundos, nos que as postas se realizaran na vexetación das beiras mais soleadas, chegando a producirse unha sorte de postas comunais.

As anomalías climatolóxicas teñen efectos negativos sobre a reprodución desta especie, pode ser unha xeada tardía, que afecte as postas situadas nas beiras menos profundas.
Ou ben episodios de chuvias moi intensas, seguidas dun período de subidas de temperaturas, o que provoca que parte das postas queden en seco en menos de 24 horas.
Durante o inverno de 2011-12 produciuse un pequeno avance do periodo reprodutor antes de finais de 2011, no que soamente se atoparon algunhas postas illadas. E no resto do inverno a actividade reprodutora correspondeuse con animais illados, que tentaron realizar a posta aproveitando as poucas chuvias caídas. Isto incrementou o risco de perda das postas, o secarse ou baixar o nivel de auga das lagoas en poucos días. Un exemplo foi a perda das postas de sapo común e gran parte das de sapiño pinto (Discoglossus galganoi) dunha pequena charca temporal, que case sempre mantiña auga ata o verán.
Na visita realizada o 25 de marzo a charca estaba chea de cagados das dúas especies, pero o 5 de abril estaba a piques de secar, e os superviventes agochábanse nas furas feitas polo cangrexo vermello (Procambarus clarkii).
A charca foi visitada de novo despois da chuvias do mes de abril, e estaba chea de centos de cagados de sapiño pinto. Esta especie representa un exemplo do outro patrón reprodutivo dos anfibios, os de reprodución prolongada, capaces de facer novas postas a longo do ano cada vez que as condicións ambientais son propicias.
Sorprendentemente localizáronse exemplares case metamorfoseados de sapiño pinto, que sobreviviran a seca, probablemente nas furas de cangrexo. Pola outra banda, ningún cágado de sapo común foi capaz de sobrevivir ata a metamorfose na charca.
Esta seca afectou especialmente nas zonas mediterráneas, non so de Galicia, senón de zonas tan lonxanas e diferentes entre si coma poden ser Cuenca e Badajoz. Nestas rexións a reprodución dos anfibios, tanto dos explosivos coma dos de período prolongado víronse moi afectadas. Especies típicas de hábitats temporais coma o sapo corriqueiro (Bufo calamita) case non foron detectadas nos medios acuáticos, e outras de medios mais permanentes coma o sapo de esporóns (Pelobates cultripes) non foron detectadas ou o número de larvas foi anormalmente escaso.
A falla de series temporais de longo prazo evita que poidamos avaliar o efecto destes fenómenos adversos nas dinámicas poboacionais destas especies. Aínda que a súa natureza lles permite adaptarse e recuperarse en anos propicios. O que non sabemos e o efecto combinado que poidan ter unha serie de anos de seca, mesturados co efectos dos patóxenos e a presión das especies invasoras. O futuro da investigación nos nosos humidais debe seguir ese camiño.

lunes, 16 de julio de 2012

Unha aproximación á situación do Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) na comarca de Ferrol


   O Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) é un podicípedo relativamente frecuente a nivel peninsular, cunha poboación estimada de 62.000 aves no estado español, e 3.800 na cornixa cantábrica no ano 2007 (1). A primeiros da década dos noventa estímase a poboación galega en 500-600 parellas (Fernández Cordeiro & Domínguez, 1991) e X. Vázquez cifra en 300-400 pp a poboación actual (3).

   O feito de que sexa capaz de aniñar en charcas de pequeno tamaño e que se adapte moi ben aos encoros artificiais favoreceron o seu asentamento por todo o país. De feito no 63% das mostraxes con resultado positivo a especie apareceu en pequenos humidais de menos de 20 has. No ámbito galego, o pequeno tamaño de todos os nosos humidais naturais acentúa aínda máis se cabe esa tendencia á dispersión, sendo escasas as localidades onde se superan as dez parellas reprodutoras (3).

   Na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal, o Mergullón pequeno é un nidificante histórico, asociado basicamente ás lagoas costeiras. Así queda reflexado no mapa do Atlas de Vertebrados de Galicia (2) con datos recollidos entre 1980 e 1985:



   Daquela, a especie citábase coma reprodutor seguro en tres cuadrículas 10x10 km, que incluían as lagoas de Doniños e A Frouxeira, así como na pequena lagoíña de San Martiño, en Ortigueira. Ao Sur aparece outra cuadrícula con nidificación confirmada, pero refírese ao núcleo das Brañas de Sada, fóra xa do ámbito de estudo.

   Sen embargo nos últimos trinta anos houbo unha serie de cambios importantes que afectaron directamente á poboación de T. ruficollis na área ferrolá. Por unha banda, a paulatina naturalización do encoro das Forcadas, construído a primeiros dos anos setenta en Valdoviño, que acabou converténdose no humidal máis importante da comarca para o mergullón. Por outra, a progresiva colmatación de varias canaveiras litorais, onde a especie acabou por desaparecer.

Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis)

   Faremos un repaso por localidades, comentando opinións e datos recollidos de maneira non sistemática entre o ano 1986 e o 2012 polo autor da entrada.

Lagoa de Doniños

   Esta lagoa ferrolá apenas sufríu cambios estruturais no período de tempo considerado, observándose sen embargo a aparición de dúas especies alóctonas: Gambusia sp. e Neovison vison, nos anos oitenta. Por agora mantense libre de Procambarus clarkii.

Lagoa de Doniños

   Nunca se fixo un seguimento específico nesta localidade e unicamente se dispón de observacións dispersas ao longo do período. Así, no ano 1986 atópanse 4 niños (dous con ovos) nunha prospección limitada á ribeira oeste da lagoa e no ano 1987 contabilízanse un mínimo de 5 parellas no mes de agosto. Recentemente (Xuño/2011) obsérvanse 3 adultos nupciais en ribeiras opostas da lagoa. Numerosas observacións realizadas durante a estación reprodutora en distintos anos estarían tamén neste abano de 5-10 individuos adultos observados.

   Pódese considerar logo unha poboación relativamente estable de arredor das 3-5 parellas na actualidade. Non obstante, e a pesar da falta de datos, é moi posible que a súa poboación fose moito maior na década dos oitenta, tendo en conta as óptimas condicións que reúne esta lagoa para a especie.

Carregal de San Xurxo

   Este humidal, situado tamén no concello de Ferrol, experimentou un acelerado proceso de colmatación no período do estudo. Mentres que na década dos oitenta mantiña aínda dúas pequenas áreas de augas abertas na parte central da canaveira, actualmente é unha canaveira completamente pecha sen augas libres. Este cambio drástico provocou a desaparición do Mergullón pequeno e doutras aves acuáticas.

Carregal de San Xurxo-Esmelle

   Nos primeiros anos do período comprendido, o Mergullón foi reprodutor confirmado en San Xurxo. Así, en prospección levadas a cabo no verán de 1986, obsérvanse 3-4 parellas máis un niño con ovos nunha das lagoas e escóitanse dous cantos territoriais na outra. Son tamén observados varios individuos xuvenís. O último contacto coa especie prodúcese en Marzo de 1991, cando se escoita un canto territorial. Desde entón a desaparición da lámina de auga acabou por extinguir tamén a poboación de T. ruficollis, sendo difícil que se volva recuperar.

Lagoa da Frouxeira

   Este humidal é un dos mellor coñecidos e que conta con maior número de visitas ao longo de todo o período. A pesares de ser o máis importante para as aves acuáticas, alberga unha poboación moi pequena de Mergullón pequeno, que resulta pola contra moi numeroso no Outono e Inverno, producíndose entón concentracións das máis elevadas de Galicia.

   O réxime actual da lagoa, con intercambio mareal regular e fortes oscilacións de nivel, parece ser a causa de que a comunidade de aves acuáticas nidificantes sexa comparativamente pequena. A crecente invasión da canaveira por parte do Xabalí (Sus scrofa), que apareceu na zona aproximadamente na década dos noventa, parece estar incidindo moi negativamente na poboación de aves nidificantes. Dados os hábitos anfibios e predadores do Xabalí, considérase posible que o Mergullón sexa unha das especies afectadas.

Mergullóns voando nas inmediacións da Pesqueira

   As observacións indican que T.ruficollis é nidificante en pequeno número na Frouxeira, con 0-5 parellas, habendo anos en que a especie probablemente non críe, debido ao mencionado réxime hídrico, que pode derivar en períodos de seca en plena estación reprodutiva. Ademais, polos avistamentos dos polos, bastante tardíos, daríase un certo desfase nas postas con respecto a outros humidais próximos, debido ás mellores condicións que normalmente reúne a lagoa avanzada a estación de cría.

   Como caso excepcional temos o ano 2003. Daquela a lagoa foi pechada cun dique artificial como medida de contención da marea negra do Prestige. Isto provocou que a lagoa mantivera niveis de auga altos e constantes durante toda a Primavera e Verán, sen oscilacións. Como consecuencia o número de Mergullóns reprodutores aumentou, estimándose nun mínimo de 8 parellas aquel ano.

   Sinálanse como ameazas á especie o uso de nasas e trasmallos (3), aparellos ambos que son habitualmente empregados na Frouxeira, a pesar de ser ilegais.

Canaveiras de Pantín

   Este humidal está arestora completamente pechado pola vexetación palustre e sen augas libres, e non se coñecen observacións ou escoitas da especie en anos recentes. Unicamente hai un avistamento illado, realizado a mediados da década dos oitenta. Produciuse no río que forma o humidal, preto da desembocadura. Naquela época aínda quedaba visible algunha pequena lámina de augas libres no interior da xunqueira/canaveira.

   Sen dúbida o Mergullón debeu ser nidificante en Pantín noutros tempos, antes de colmatarse, pero actualmente considérase moi difícil a pervivencia dalgunha parella por falta de hábitat.

Lagoa de San Martiño



   Unha das características do Mergullón pequeno é a súa capacidade de adaptación e colonización nas áreas naturais restauradas (3). A Lagoa de San Martiño é un exemplo claro.

   No Atlas de vertebrados recollíase a especie coma de reprodución segura na cuadrícula 10x10 de Ortigueira durante os anos 80. A lagoa de San Martiño, situada no cordón dunar, era o único hábitat axeitado para a especie, así que debemos considerar estas observacións da cuadrícula como pertencentes a este humidal. Posteriormente o estado da lagoa foi deteriorándose, debido á acumulación de entullo e lixo que acabou sepultando o leito da lagoa, que finalmente acabou desaparecendo baixo o mato de silveiras.

   Afortunadamente no ano 2005 o goberno municipal acomete as obras para restaurar o humidal, recuperándose así un hábitat idóneo e moi favorable para grupos como anfibios, odonatos, aves acuáticas ou flora acuática.


Lagoa de San Martiño

   Grazas a estas obras, varias especies de acuáticas recolonizan de novo o lugar, sendo observado por primeira vez o Mergullón en Xuño de 2011. Desde aquela sucédense diferentes observacións e escoitas dos cantos nupciais, considerando como moi probable a nidificación de 1-2 parellas.

Encoro das Forcadas

   Este encoro é a localidade máis importante para a reprodución do Mergullón pequeno en toda a comarca de Ferrol. Nos anos 2005, 2006 e 2007 realizouse un especial seguimento da especie, intensificando os controis durante as visitas ao encoro, obténdose estes datos:

   - 2005 Censados 46 ads nupciais (23/07) e estímanse un total de 16-18 pp
   - 2006 (Censo incompleto), 11 pp confirmadas, calculando un total de 14+ pp.
   - 2007 Total 20 pp estimadas

   En resumo, podemos considerar a presenza dunhas 16-20 parellas reprodutoras en Forcadas, sendo polo tanto unha das localidades máis importantes para a especie en todo o norte galego.

   Hai que comentar que no ano 2006 detéctase por primeira vez Procambarus clarkii nas ribeiras do encoro, aínda que nos dous últimos anos estaríase dando un retroceso na súa poboación. Un fenómeno insólito e aínda non confirmado.


Lago de As Pontes e Charcas da escombreira

   O proceso de restauración da mina de As Pontes, levado acabo durante a pasada década, creou un lago artificial e unha serie de charcas de mediana/pequena entidade na escombreira exterior. Aínda que o Mergullón pequeno xa colonizou todos estes humidais, a zona queda fóra do estudo, debido ao seu carácter privado e as limitacións de acceso. Non obstante, durante os censos de aves acuáticas invernantes levados a cabo pola SGHN en Xaneiro de 2012, púidose certificar a tremenda potencialidade que para a especie ten o conxunto, especialmente o lago. En canto se asente a vexetación riparia e avance o proceso de naturalización, con toda certeza haberá verse multiplicada exponencialmente a poboación de mergullón que xa reside alí.

    Distribución actual T.ruficollis na comarca de Ferrol (excluída a escombreira e lago de As Pontes).
    Fonte: datos propios 2000-2012

RESUMO:

   A colmatación dos humidais de Pantín e San Xurxo provocou a desaparición de dous puntos de cría na comarca. Pero a restauración da pequena Lagoa de San Martiño recuperou outra nova localidade, perdida durante dúas décadas. Nas lagoas litorais de Doniños e A Frouxeira manteríanse pequenas poboacións, sendo o encoro das Forcadas o único lugar de certa importancia para a cría na zona considerada.

   Finalmente, comentar que o conxunto do Lago das Pontes e as numerosas charcas da escombreira reúnen as condicións idóneas para se transformar nun lugar moi destacado para a cría de T.ruficollis, non xa a nivel galego senón a nivel peninsular.

Agradecimentos:

 A Martiño Cabana Otero, por facilitarme o mapa 1x1 e polos seus consellos.

Bibliografía:

(1) Palomino, D. y Molina, B. (Eds.) 2007. Aves acuáticas reproductoras en España. Población en 2007 y método de censo. SEO/BirdLife. Madrid
(2) S.G.H.N. Atlas de vertebrados de Galicia. Aproximación á distribución de vertebrados terrestres de Galicia no quinquenio 1980-1985. (Eds.) 1995
(3) Llimona, F. 2003. Zampullín chico, Tachybaptus ruficollis. En, R. Martí y J.C. del Moral (Eds.): Atlas de las Aves Reproductoras de España, pp. 76-77. Dirección general de la Conservación de la Naturaleza-Sociedad Española de Ornitología. Madrid

domingo, 8 de julio de 2012

Curt, o gran divulgador

José Curt Martínez merece sen dúbida unha mención moi especial cando falamos dos primeiros divulgadores da natureza en Galicia. Aínda que non é galego de nacemento el considérase coma un galego máis. Entre finais dos anos cincuenta e principios dos oitenta botou case vinte anos na nosa terra (en dúas épocas distintas). É un escritor prolífico de libros e artigos periodísticos, tendo recibido numerosos premios, como o "Periodismo ciudad de Pontevedra" (1978), o "Félix Rodríguez de la Fuente" (1981) e outros máis. O seu grande coñecemento antropolóxico das nosas xentes quedou reflexado en libros como "31 Galegos e pico".

Pero foi en temas da natureza onde destacou nunha época na que a súa divulgación estaba aínda nos seus inicios, sendo contemporáneo do gran Félix Rodríguez de la Fuente, a quen coñeceu.


Cazador da vella escola, pouco a pouco foi involucrándose máis no estudo e defensa da nosa fauna e flora, o que lle levou finalmente a cursar a carreira de Bioloxía (el xa era perito agrónomo). É ademáis membro destacado da SGHN e da SEO/BirdLife, e foi tamén presidente da primeira xunta reitora do Parque Natural das Illas Cíes.

Algúns dos seus libros, como "Galicia viva", "Más allá de la corredoira" ou "Esos anfibios y reptiles gallegos" (con Pedro Galán) marcaron a toda unha xeración de novos naturalistas galegos. A súa deliciosa maneira de escribir (con numerosos toques de humor, non exento de sorna e acidez) fixo que se lle denominase o Gerald Durrell español. Desde logo similitudes non faltan entre ambos. 

No pasado mes de Abril, José Curt visitou Galicia durante tres días, onde volveu a pisar lugares coñecidos de antano, como a lagoa da Frouxeira ou a Terra Chá. Aproveitamos a sorte que temos de contar coa súa amizade para facerlle unha pequena entrevista, aínda que a súa vida daría seguramente para cubrir cen entrevistas.



P - A xente coma nós, máis ou menos nova, dámonos conta das enormes transformacións que sofreu a natureza galega desde os nosos inicios. Tanto a nivel paixasístico como cambios de fauna e flora. Desde a túa perspectiva, moito maior no tempo, ¿qué cambios te chaman máis a atención?

R- Principalmente la masificación de Galicia. Por ejemplo, desde Pontevedra al Grove está todo urbanizado, prácticamente. Lo mismo he observado en los alrededores de A Coruña, Santiago y Ferrol. Hace un par de años pasé unos días en Foz y hubiese sido incapaz de reconocerlo si no fuese porque el cartel de la carretera ponía “Foz”. La sensación es que Galicia se ha ido quedando pequeña y que la costa empieza a estar saturada. Las ciudades han crecido periféricamente de un modo desordenado y multitudinario. Son las dos caras de la misma moneda, por una parte el más alto nivel de vida conquistado en el último medio siglo, y por otra lo que podríamos llamar “urbanización del campo”, en cierto modo un contrasentido que debemos aceptar porque en caso contrario sería volver a la Galicia pobre, muy pobre, que también he conocido. 

P- Imaxino a túa época e penso na falta de redes viarias e o complicado dos desprazamentos, a posible incomprensión entre a xente que vos vía pasar polas aldeas, nos problemas á hora de conseguir información, materiais e demáis,... ¿Cales eran as dificultades máis grandes ás que vos enfrentábades daquela á hora de observar e estudar o medio natural?

R- Pues tengo que contestarte que ninguna. Cuando llegué a Galicia con 17 años al día siguiente ya estaba por los montes en compañía de Manolo Cantaogalo, José de Nacemento y Tino, el carnicero de Poio. Yo cazaba con ellos, a rabo de perro, los pocos conejos que nos daba Galicia. La caza se dejaba en casa de Cantaogalo porque era la única proteína que se veía en aquella casa tan pobre. Fueron unos amigos extraordinarios que me abrieron las puertas de una Galicia eminentemente rural y auténtica (según visión de la época).

En mi segunda estancia en Galicia trabajé haciendo topografía por toda la provincia de Pontevedra. Levantamos los perfiles de la línea eléctrica, a veces de muchos kilómetros, lo que nos permitía explorar caminos que nadie había pisado seguramente desde que se hizo Galicia. En estos contactos con la naturaleza, sólo encontré amigos y buena gente, siempre dispuesta a invitar a una taza de vino “hecho en casa y sin química”.

En el trazado de la línea de Anzo a Villadecruces fui seguido por un lobo durante un largo cuarto de hora. Ahí aprendí lo que son los pelos de punta y la piel de gallina. Sería hoy, cuarenta años después, capaz de identificar el olor a lobo, el olor a carroña, pues se revuelcan en ella para disimular el suyo. Vivíamos de hospedaje en casa de un paisano (con una hija guapísima, que con el calor del campo y el verdor del monte, despertaba en los topógrafos algo así como el celo de un caballo). Resultó que mi persecutora era una loba parida que tenía la cría cerca de dónde hice la estación final de aquel día con el teodolito. Me acompañó en aquel crepúsculo hasta que abandoné su territorio y se debió de quedar tranquila.

Resumen, que me iba por los cerros de Lalín: la loba se comportó, y todos cuantos he tratado en el campo me han concedido el privilegio de considerarme un igual, y por eso nunca he tenido problemas con ellos.

P- Iso si, daquela aínda se conservaban espazos naturais de enorme interés. Se non recordo mal, chegaches a coñecer a mismísima Lagoa de Antela e certos bosques de Ancares hoxe desaparecidos. 

R- Bueno, Antela la crucé en coche dos veces en el año 50 en un viaje de ida y vuelta de Madrid a Pontevedra. Desde el alto de ¿Sandiás? se veía entero el cuenco lacustre: una mar desparramada por la enorme planicie. Tal y únicamente fue mi contacto con la Antela, “la laguna del Olvido” aunque jamás olvidaré aquella visión.

¿Ancares? Seguramente en Ancares he llegado a estar sólo en su inmensa inmensidad. Las pallozas estaban operativas y en la de Esperanza Martínez , en Piornedo, pasé muy buenos ratos comiendo fideos con leche y parrafeando con los vecinos. Estaba allí el bocio endémico, que yo conocía por ser bromatólogo. Quizá el primero en denunciarlo en la prensa fui yo. Los políticos de turno se lo apropiaron y lo llevaron a Las Cortes. La sal yodada vino a poner remedio a aquella terrible enfermedad carencial. Una vez yendo con el marido de Esperanza por el monte nos sobrevoló un pájaro negro y enorme como un meteoro: era el macho urogallo, que luego oíamos, muy cerca su toc, toc en el cantadero. 

Alguna vez viví en casa de Fino Digón, en ¿Prado? Este viejo y experimentado furtivo fue convertido en el Guarda Mayor de Ancares. Su paso a este lado de la ley fue perfecto. Una gran persona. 

P- Na miña opinión, a destrución da natureza acadou na segunda metade do século vinte un ritmo sen parangón na historia moderna. En Europa, no Amazonas, na Antártida e mesmo nos países en vías de desarrollo. ¿Tan incompatíbeis son "progreso" e "conservación"? 

R- Decía el coruñés Wenceslao Fernández Flores, el de la fraga de Cecebre y el mejor escritor que dio el siglo XX a mi juicio, que un “pesimista es un optimista bien informado”. 

Yo en esto de la conservación de la naturaleza soy un recalcitrante pesimista. El problema transciende al localismo de la desaparición de una especie o a un incendio forestal determinado. Es algo global, ecuménico: es que el Planeta no fue concebido para soportar la contaminación y las agresiones que padece. Y ahora que llevamos casi un siglo de paz, con la gente feliz de acceder al consumo creciente ¿es que los políticos de asco que tenemos (sean quienes sean) van a cambiar la rebatiña de votos que justifica sus choriceos y mentiras, por contar la verdad y tratar de convencer a la masa de que este tipo de sociedad no puede garantizar la supervivencia en unos pocos años, y que sobran coches, residuos, plásticos, y demás mierda galopante? Es fácil comprender que, con los criterios vigentes, es imposible una regeneración de la naturaleza. 

P- Qué persoas marcaron en tí a maior influencia nos teus inicios de campo. ¿Tés algún recordo especial dos teus primeiros compañeiros de naturalismo?

R- El hombre no puede estar solo. Yo no sabría nada de Galicia de no ser por aquellos amigos cazadores y pescadores. En el campo de la naturaleza reconozco el magisterio de colegas como Felipe Bárcena, Estanislao Fernández de la Cigoña, Mario Rafael, con los que pasé muchas jornadas de campo navegando en la cafetera que tenía Estanislao por las islas Cíes y Ons y el archipiélago de Sálvora; con Mario Rafael yendo en piragua a anillar limícolas por la noche en los islotes de Touría y Marma en la Ensenada do Grove. Con Felipe cantidad de días de patearnos la Limia, las Gándaras de Budiño, el Miño. 

Tampoco puedo olvidar a Xan Rodríguez silvar y a Andrés Bermejo, que eran unos rapaces pero sabían ya mucho de bichos. Mis excursiones con ellos a las Sisargas (y con otros más) son capítulos de mi vida que guardo cariñosamente. ¿Se puede olvidar a Maribel, la moza de Xan, embarazada de 8 meses, pateando los cantiles de la Sisarga Grande sin la menor concesión al vértigo? 

P- És membro da SGHN e da SEO. ¿Qué opinas da situación actual nas organizacións adicadas ao estudo e defensa da natureza? ¿Botas algo en falta?

R- No, han mejorado sensiblemente, quizá porque la unión hace la fuerza y aquellos cuatro chalados que teníamos la cabeza llena de pájaros hoy sois una legión de jóvenes que emanáis calidad por cualquier sitio que paséis. 

Buena prueba del latir de la SGHN son los múltiples mensajes que recibimos sobre los casos más interesantes de la naturaleza en peligro. El propio Museo de Ferrol, es un índice de que nunca como hasta ahora había estado tan viva una agrupación de naturalistas. 

Podría resumir diciendo que agradecería que mis hijos (tengo alguno ya de 47 años) de no ser tan cojonudos como son, se pareciesen a cualquiera de vosotros.



P- Creo que agora estás máis centrado na túa faceta como escritor ¿Botas de menos o traballo de campo?

R- Pues sí. Estoy muy metido en la escritura y la lectura. Ando entremanos con dos libros ya terminados en busca de editor, que no me resigno a que sea malo y que estos libros se queden arrumbados en un par de librerías de rutina. Uno de ellos 50% gallego y el otro la galleguidad hecha letra al 100% 

De todas formas en cuanto puedo salgo al campo, aunque el tono haya cambiado: en 2012 estuve en las selvas de Tailandia/ Birmania, en abril en el desierto tras el Atlas en Marruecos, y hace un par de días que he regresado del delta del Danubio, siguiendo las nidificaciones de aves acuáticas y prospectando anfibios y reptiles. José en el Paraíso terrenal. En preparación tenemos El Pantanal en Brasil y el río Negro para terminar navegando por el Amazonas a fin de este año. Vamos cuatro o cinco amigos y alguna amiga que en su entusiasmo por la naturaleza me dejan corto. 

Os tengo que aclarar que lo mío es una permanente lucha entre el sillón que se empeña en ponerme horizontal y mi vena naturalista que me ordena: levántate y anda. 

P- Desde sempre existe unha conflictividade entre cazadores e ecoloxistas/naturalistas debido ás diferentes formas de ver a xestión da natureza e, en concreto, das especies cinexéticas. ¿Que opinas sobre este tema? Ambos colectivos, ¿están condeados a entenderse? ¿Poden traballar xuntos a prol dun media natural mellor conservado?

R- Sí, no tienen más remedio que trabajar juntos. Hoy no se concibe el uno sin el otro. Yo dejé la escopeta hará más de treinta años, pero nunca he ocultado mi procedencia de la caza. Tenéis a mi amigo Pepe Rial en Pontevedra, un ejemplo de lo que debe ser un cazador de ley. La ética y la estética son sus armas. Debido a su comportamiento tan pulcro era desde hace muchos años Guarda Honorario de Caza, con facultad de corregir y denunciar a los infractores, aunque con sus dotes de persuasión y don de gentes no le hizo falta nunca llegar a esos extremos. Y estoy seguro de que algunos como Pepe haylos en Galicia. Aunque aún haya otros pocos (quisiera creer que son pocos) que no han comprendido que cazar un conejo o una perdiz, susceptibles de fabricarse en granjas, es el límite que deben imponerse en sus salidas al campo.

Pero hay que ir poco a poco convenciendo a unos y a otros, dando ejemplo de que participamos de la armonía de la naturaleza que pretendemos defender, el ecologista chulo, vocinglero y faltón tampoco tiene cabida en los tiempos que corren.

El combate, nuestro combate lo vamos ganando nosotros.

Aún me queda una posdata en el pañol de la obligada cortesía que merecéis: buenas noches, un fuerte abrazo a todos y gracias por leerme. Y a Xabi Prieto, motor de estas parrafadas, chapó, amigo.

jueves, 28 de junio de 2012

Como distinguir as Pyronia

É ben certo que as Pyronia son das especies de bolboretas máis comúns que un pode atopar a pouco que saia da casa (os de cidade ide un pouco máis lonxe). Chega o calor e comezan a aparecer estes satirinos polas beiras dos camiños, entre as herbas e as silveiras. Son bastante bulideiras polo que quen desexa facerlles unha foto ten que andar atrás delas un bocado. De primeira impresión son moi parecidas e até que non reparamos nos pequenos detalles pode parecer que son todas da mesma especie agás a P. bathseba que por distribución e deseño das ás é manifestamente diferente das outras dúas.
O xénero das Pyronia pertence a orde dos Lepidoptera, superfamilia Papillionoidea, familia Nymphalidae, subfamilia Satyrinae, tribu Satyrini, subtribu Manilina.
O reverso da á anterior das tres especies é moi similar cun ocelo negro con dúas pupilas rodeado dun cerco amarelado ou máis claro que o fondo.
No reverso da á posterior:
- A P. tithonus ten uns pequenos ocelos brancos cun cerco á volta máis escuro .
- A P. cecilia ten esa banda vertical máis clara da á posterior e sen "ollos"
- A P. bathseba é máis escura e presenta na á posterior unha banda vertical branca ben definida así como os ocelos pupilados de riba a abaixo cercados dun borde máis claro e este rodeado de outro máis escuro.
Pyronia cecilia é a máis pequena, voa perto do chan e anda entre as herbas, a Pyronia tithonus é de maior tamaño e vese máis polos balados e as silveiras. No caso do territorio galego mentres P. tithonus e P. cecilia están presentes nas catro provincias (ausente no tercio norte, localizada no segundo tercio, ben distribuida e común no tercio sur¹), só vin a P. bathseba no sur de Ourense (uns poucos enclaves no sur orensán e SE lucense¹).

As P. tithomus e a P. cecilia voan nunha única xeración de xuño até agosto/setembro e a P. bathseba só a vin de finais de maio até finaiss de Xuño.
Por isto non debería de haber dificultade para distinguilas ao velas ao vivo pero nunha foto de ás abertas non é tan doado se o exemplar é femia.




Ademais das diferencias resaltadas na imaxe poderíase dicir que a P. cecilia ten no anverso da á anterior o ocelo rodeado dunha "cella" de cor máis clara que non ten a Pyronia tithonus.


A teoría está moi ben pero xa postos vamos a un exemplo práctico como o da fotografía do medio. Está tomada na Terra Chá, á altura do límite da provincia, nunha zona de monte no que se talou un piñeiral en épocas recentes con abundancia de silvas, gramíneas e fentos. A data é de primeiros de Agosto de 2010.
Vese que é unha femia porque non ten androconia na á superior. O ápice pódese dicir que é arredondado e que o ángulo da marxe interna inferior de cor escura uns dirán que é arredondado e outros que non, non ten ocelos na á posterior e as dobras pódese dicir que non están moi marcadas, como tamén parece ter un borde lixeiramente máis claro ("cella") derredor do ocelo da á superior. Ten entón características dunha e doutra, e algunha que pode parecer dubidosa. ¿Cal é?
É unha Pyronia tithonus porque fun eu quen lle fixo a foto, e púidena ver polo reverso, pero se ma enviásedes vós para determinar non sei se me atrevería a dar unha conclusión. 


¹ Eliseo Fernández Vidal, Guía de las mariposas diurnas de Galicia, Diputación Provincial, 1991

miércoles, 20 de junio de 2012

Nuevo registro de Apoplymus pectoralis en Galicia

Texto y fotos: Luis Álvarez.

La familia Berytidae Fieber, 1851 es una de las 38 familias de chinches o heterópteros presentes en la Península Ibérica. Engloba a insectos entre 4 - 12 mm (en las especies ibéricas) que se caracterizan por presentar un cuerpo alargado y esbelto, con patas muy delgadas y largas, con largas antenas de 4 segmentos o artejos. Además, el primer artejo de antenas y fémures está dilatado en su ápice. Los tarsos tienen 3 segmentos y presentan un par de ocelos en la cabeza. Casi todas las especies son muy polífagas y algunas son depredadoras facultativas. Habitualmente se encuentran asociados a diversas especies de plantas y los adultos pasan el invierno refugiados entre la hojarasca del suelo. En nuestras latitudes presentan ciclos biológicos univoltinos.

En la Península Ibérica han sido citadas 20 especies (Ribes et al., 2004) siendo Cataluña con 16 y la Comunidad de Madrid con 12 las regiones con mayor número de especies. En este sentido Galicia es una de las zonas donde peor se conoce esta familia. De hecho, en un trabajo realizado sobre los berítidos de la Península Ibérica (Costas et al., 2009) solo aparecen citadas 2 especies: Neides aduncus Fieber, 1859 en A Coruña y Berytinus (Lizinus) montivagus (Meyer-Dür, 1841) en A Coruña y Pontevedra. Posteriormente ha sido encontrada otra especie, Metatropis rufescens, que fue fotografiada por Belén Amarante el 05/06/2010 en un bosque de ribera del municipio de Coirós (A Coruña). La foto está publicada en la web Biodiversidad Virtual.

Recientemente se ha añadido a esta "lista" Apoplymus pectoralis Fieber, 1859 con la cita de un ejemplar de esta especie en la provincia de Pontevedra (Álvarez, 2012). Esta especie tiene una distribución holomediterránea, y ha sido citado en España en: Almería, Ávila, Barcelona, Cádiz, Córdoba, Granada, Jaén, Madrid, Málaga, Murcia, Salamanca, Tarragona y Valencia. Hay también algunas citas en Portugal, siendo las más septentrionales las de Beira Alta (Guarda) y las de Trás-os Montes. 

El 12/05/2012 fue observado de nuevo un ejemplar de Apoplymus pectoralis en el que probablemente sea el segundo registro de esta especie en Galicia. Este se produjo en la misma localidad que en la ocasión anterior, en Cerdedo (Pontevedra) y en similares circunstancias, un ejemplar adulto moviéndose lentamente entre una pequeña formación de jaras (Cistus psilosepalus) ubicadas en un jardín.

Apoplymus pectoralis fotografiado el 12/05/2012
Apoplymus pectoralis es difícil de encontrar por su pequeño tamaño y , quizás, también por la escasez de individuos. En cuanto a su identificación no presenta demasiadas complicaciones, y puede hacerse en base a fotografias, con lo que no es necesario ni capturar ni molestar a los ejemplares. La confusión más probable sería con alguno de los miembros del género Neides Latreille, 1802 pero Neides presenta una protuberancia frontal que Apoplymus no tiene y además Apoplymus apenas tiene individuos con las alas cubriéndole completamente el abdomen mientras que en Neides siempre está tapado del todo.

Detalle de la cabeza

Véase como las alas no cubren por completo el abdomen

Espero que esta entrada sirva para dar a conocer algo más de estos seres tan fascinantes.

Referencias

Álvarez, L. 2012. Primera cita de Apoplymus pectoralis Fieber, 1859 (Heteroptera: Berytidae) para Galicia (N. O. Península Ibérica). Arquivos Entomolóxicos, 6: 65-66.

Costas, M.; Vázquez, M. Á.; Ribes, J.; López, T. & Bonet, M. 2009. Los berítidos de la Península Ibérica (Hemiptera, Heteroptera), Berytidae Fieber, 1851. Boletín de la Real Sociedad española de Historia Natural Sección Biológica, 103 (1-4): 73-85.

Ribes, J.; Serra, A.; Goula, M. 2004. Catàleg dels heteròpters de Catalunya (Insecta, Hemiptera, Heteroptera). Institució Catalana d'Història Natural i Secció de Ciències Biològiques de l'Institut d'Estudis Catalans. Barcelona.

viernes, 15 de junio de 2012

As tres Boloria (Clossiana)

Vistas polo o anverso son tres bolboretas moi parecidas, un pouco maior unha que outra, pero o deseño alar por ese lado non é para poñerse a ver a bolboreta, a guía, a bolboreta, a guía, até que chega un momento en que haberá que decirlle: ¡péchaas!. E entón si, que se o punto, que se as manchas definen de que especie se trata.

                                                                                                                                 

Boloria seleneBoloria euphrosyneBoloria dia
Tamaño (mm.)32-4035-45 30-37
Pon os ovos enViola sp., Rubus sp., Fragaria vesca Viola sp., Fragaria vescaViola sp., Rubus sp.
OvoAmarelo estriadoVerde, cónico e estriado Amarelo, estriado
EirugaDe cor grisNegra con espiñas amarelasGris escura con espiñas ocres
Hibernan comoEirugaEiruga enrolada nunha folla secaEiruga
HábitatPrados con herbas altas e flores perto de cursos de augapradarias floreiras nas beiras de masas arbóreasprados húmidos, floridos, nas clareiras dos bosques
Altitude (m.)até 2.000até 1.900Entre 500-1500
Período de vóo De Abril até SetembroMaio e XuñoDe Maio até Agosto

Distribución (¹)
Boloria (Clossiana) selene: nas catro provincias, ampliamente distribuida no norte, máis localizada no sur.
Boloria (Clossiana) euphrosyne: zonas de montañas lucense e ourensán.
Boloria (Clossiana) dia: todas as provincias, localizada aínda que ampliamente distribuida a partir da zona media.

(Por certo son Clossiana e non Boloria, esto é algo parecido ao de Thaumetopoea versus Helianthocampa..., pero como nas guías modernas... Quens afirmen o contrario non fixeron unha xenitalia na súa vida.) Comentario persoal de Eliseo Fernández Vidal ao autor.
O nome aceptado en Faunaeur é Boloria (Clossiana), xa sexa selene, euphrosyne ou dia.

¹ Eliseo Fernández Vidal, Guía de las mariposas diurnas de Galicia, Diputación Provincial, 1991



martes, 12 de junio de 2012

Novas sorpresas odonatolóxicas en Galicia

Por Martiño Cabana

Nos dous últimos anos esta a suceder en Galicia unha auténtica revolución no coñecemento das libélulas e cabaliños do demo do noso territorio. Coa publicación da Field guide to the dragonflies of Britain and Europe de K.-D. Dijkstra & R. Lewington, forneceuse ós biólogos e naturalistas, dunha guía de fácil comprensión para coñecer tódalas especies presentes en Europa e Norte de África.

O traballo preliminar (e fundamental) que sentou a base da fauna odonatolóxica galega é A preliminary checklist of the Odonata of Galicia, de Adolfo Cordero, do ano 1996. Neste artigo exponse a existencia de 42 especies de libélulas e xa se fai unha valoración das especies que probablemente puideran estar presentes pero que aínda non foran detectadas. Estas eran: Lestes sponsa, Coenagrion caerulescens, Aeshna juncea, Aeshna isoceles, Anax parthenope, Gomphus vulgatissimus, Onychogomphus forcipatus, Sympetrum meridionale e Sympetrum flaveolum. Entre este artigo e o libro de K-D (que comezou a chegar a Galicia no 2010), xa se atoparon Onychogomphus forcipatus e Sympetrum meridionale.

Anax parthenope é unha destas novas especies que apareceron en Galicia durante os dous últimos anos. É unha especie do centro e sur de Europa e que na Península Ibérica só estaba rexistrada na costa mediterránea. Aquí deixo o artigo de Emilio, Genaro e Damián para que poidades desfrutar da descrición da especie en Galicia. Tamén indicar que Anxos e máis eu puidemos observar esta especie na provincia de Lugo.


O coñecemento do medio natural galego é moi desigual. As provincias de Coruña e Pontevedra presentan un mellor grao de coñecemento que as de Ourense e Lugo, que son grandes descoñecidas pese a ter un mellor estado de conservación. Hai dous anos, Anxos Romeo, Adolfo Cordero e máis eu comezamos a traballar nas serras orientais galegas. Froito deste traballo descubríronse tres novas especies para Galicia. A primeira delas foi Sympetrum flaveolum, que apareceu nas serras de Ancares, Trevinca e Macizo Central Ourensá. Aquí vai o artigo.




Cópula de Sympetrum flaveolum. Foto de Anxos Romeo.

Logo, apareceron dúas especies novas (ou case). Unha delas é Lestes sponsa e a outra, Aeshna juncea, só existía unha referencia duns exemplares observados no norte da provincia da Coruña.




Macho adulto de Lestes sponsa. Foto de Anxos Romeo.




Cópula de Aeshna juncea fotografíada no encoro de Cenza, Vilariño de Conso, Ourense. Fotografía de Adolfo Cordero.


A última especie que xerou un artigo de moito interese para os naturalistas galegos, foi a que reflexa a presenza de Orthetrum brunneum en Galicia. Esta especie non é nova para Galicia, xa que foi rexistrada por Navás na zona da Guarda pero os novos datos son moi interesantes xa que ubican as novas poboacións galegas no oriente ourensá. A presenza da especie en Verín (de P. Jahn en Feces de Abaixo, na fronteira con Portugal) resulta de grande interese ó que lle hai que engadir a que mostran os autores (José Gándara, Rafael Estévez e Tito Salvadores) e colaboradores (Anxos e Martiño) na zona de Valdeorras.




Macho adulto de Orthetrum brunneum. Nótese a cara de cor azul, en contraposición coa de O. caerulescens, que é marron. Foto de Anxos Romeo.


Xa para rematar, unha nova sorpresa chegou a Galicia. Anax ephippiger apareceu na nosa terra e Anxos e máis eu puidemos atopala nas catro provincias galegas. Esta é unha especie africana que sufre procesos de expansión en anos quentes e con fortes ventos saharianos que fan que percorra todo o territorio europeo.


Agora, son 51 as especies de libélulas presentes no territorio galego. O incremento foi notable. Esperemos que aparezan as que faltan (se é que as hai) e o que nos gustaría é que se comezara a estudar en profundidade este fermoso e interesante grupo animal.


Esta entrada vai adicada a Damián. Entusiasta dos odonatos e doutros moitos grupos animais.


domingo, 10 de junio de 2012

Presentación do proxecto R.A.F.E.G.

Por definición Biodiversidade galega fórmana un grupo de naturalistas, biólogos e afeizoados á natureza que desexan crear unha plataforma en internet para a profundizar no coñecemento da Biodiversidade de Galicia. Pretendemos agrupar os esforzos de calquera persoa ou entidade que desexe aportar información e coñecemento sobre a biodiversidade galega.
Dentro das actividades que Biodiversidade galega quere promover hai unha que está a piques de comezar:

- Rexistro de atropelos de fauna nas estradas galegas (RAFEG de agora en diante)

O RAFEG é unha iniciativa que, a título persoal ou como parte de outros estudos, vense facendo desde fai tempo por outras persoas ou entidades (nas nosas universidades hai persoas interesadas en determinadas especies, xéneros, familias, etc…). O que nós pretendemos e extender este rexistro para que poda ser feito por toda persoa que estea interesada en colaborar, centralizar a información e poñela a disposición dos estudosos, institucións e dos naturalistas en xeral.
Biodiversidade galega, como plataforma dinamizadora e integradora que pretende ser, pedirá a colaboración de outros blogs naturalistas galegos para axudar na recolla de datos, procesáraos e periodicamente enviaralles a información para que clicando sobre a imaxe do RAFEG calquer lector dos seus blogs teña acceso aos datos xerais actualizados.
Cada ano millóns de vertebrados, e probablemente un número  incalculable de invertebrados, morren atropelados nas estradas.  Na actualidade, os atropelos constitúen unha das principais causas de mortaldade non natural de algunhas das especies, moitas delas especies protexidas  e/ou ameazadas.

En Biodiversidade Galega queremos coñecer cal é a situación desta problemática  en Galicia co gallo de solicitarlle á administración, naqueles casos que se considere oportuno, medidas correctoras necesarias.

Para iso elaboramos un modelo de ficha que todas aquelas persoas interesadas en colaborar poden preencher. Trátase dunha ficha na que rexistraremos todos aqueles animáis  silvestres que nos atopemos atropelados nos nosos desplazamentos cotiás. Lamentablemente, moitos destos desplazamentos son a causa dos atropelos (e de outros graves problemas mediambientais) polo que trataremos de reducilos na medida  do posible ao máximo e tentaremos facer un uso racional do noso automóvel.
Somos conscientes  de que para determinadas especies (sobre todo aquelas de pequeno tamaño) os resultados obtidos mediante a recolla de datos soltos durante os nosos percorridos  en coche resultan claramente infraestimados respecto aos dos realizados a pé. Desgraciadamente estos últimos precisan dunha amplia participación cidadá co que en moitas ocasións non é posible levalos a cabo.

FICHA
Non é obrigatorio preencher todos os apartados aínda que canto máis completa sexa a información moito mellor.
Deben respetarse en todo momento as normas de circulación non poñendo en perigo de forma ningunha a propia seguridade ou a dos demáis usuarios.

Especie: É o dato máis importante de todos e, sempre que sexa posible, anotarase  co seu nome científico. Se non fose posible identificar a especie tentaremos precisar ao máximo. Por ex. ave non identificada, paseriforme indeterminado, Turdus sp.
Sexo: En moitas ocasións as diferencias entre ámbolos sexos son facilmente recoñecibles. Se así fose, indicarémolo.
Idade: Ao igual que para o sexo en moitas especies poderemos ver claramente se se trata de adultos ou de indivíduos novos.
Estado de conservación: Se o animal faleceu recéntemente ou se atopa en avanzado estado de descomposición.
Concello/Provincia: Por ej. Verín/Ourense
Estrada: Por ex. N-541
PTO. KM.: Sempre que sexa posible anotaremos o punto kilométrico máis próximo ao lugar do atropelo.
Localidade: Anota aquí cal é a localidade máis próxima ao lugar do atropelo ou calquera outra indicación que poda ser relevante.
U.T.M.: Indicaremos as coordenadas U.T.M. 10x10 do sitio.
Hábitat principal: Tipo de hábitat  do lugar do atropelo (cultivos, fraga, zona urbán,…).
Hábitat secundario: Si é posible tentaremos precisar ao máximo. Por ex. describindo o tipo de vexetación nun radio duns 20 mts. ao lugar del atropello
Data: Formato día/mes/ano. Este proxecto iniciase agora pero, todas aquelas persoas  que dispoñan de rexistros antiguos poden envialos tamén.
Climatoloxía/Temperatura: Si detectas una mortalidad reciente (especialmente no caso de anfibios e reptiles) anota por ex. se choveu a noite anterior, se o ceo está cuberto, se fai vento,... Podes anotar tamén a temperatura (os coches modernos indícana) e se vai referida a unha hora en concreto (por ex. 18ºC a las 9:30) moito mellor.
Observador:
Outros datos de interese: Anota aquí todo o que consideres que pode ser importante (existencia de pozas ou puntos de agua nas próximidades, se fixeche un percorrido a pé.. )

Para calquera dúbida ou consulta contacta con nós.

BIODIVERSIDADE GALEGA

miércoles, 6 de junio de 2012

Colabora con Biodiversidade Galega



O territorio galego é unha das zonas da Iberia que alberga unha grande riqueza de especies. A multitude de hábitats existentes, os diferentes dominios climáticos e a ampla cantidade de ecosistemas, fan que Galicia sexa un auténtico punto quente de biodiversidade. Sen embargo, é unha zona onde reina o descoñecemento da biodiversidade que temos. Son moitos os grupos animais e vexetais nos que se ten traballado e nestas investigacións xerouse unha información moi interesante para o coñecemento da nosa biodiversidade. Sen embargo, estes estudos poucas veces alcanzaron o grao de intensidade necesario para ser un reflexo fiel da realidade. En moitos outros grupos animais, o descoñecemento é tan grande, que nin sequera coñecemos as especies que habitan Galicia.

Desexamos ter unha ferramenta na rede capaz de artellar unha mancomunidade de afeccionados e expertos nas diferentes especies que habitan o territorio galego. O primeiro paso que desexamos dar é crear un blog onde todos os entusiastas da natureza e da biodiversidade podan ir dando a coñecer as noticias, imaxes, estudos, denuncias, sobre o estado actual da biodiversidade galega. Pero esperamos non quedarnos aquí. Este só será un pequeno paso como preludio dun grande portal galego da biodiversidade.

É por iso que necesitamos da túa axuda. Da axuda de todos. Por que queremos crear un portal onde centralizar toda a información biolóxica existente, recollendo noticias doutros blogs e medios de comunicación, realizando artigos descritivos e fichas de identificación, propoñendo traballos de campo e actividades, promovendo colaboracións e artellando unha base de dados á que calquera puidese ter acceso para os seus estudos. Son necesarias persoas expertas nos distintos apartados que abrangue a biodiversidade, persoas que dominen aspectos informáticos, lingüísticos, legais así como entusiastas da natureza para o mantemento xeral do proxecto.

Necesitamos biólogos expertos nos distintos grupos animais e vexetais. Necesitamos naturalistas para facer saídas ao campo, artigos, fichas de identificación, deseños, fotografías, vídeos. Necesitamos persoas con coñecementos informáticos para levar un servidor e un portal web. Necesitamos blogueiros, deseñadores, fotógrafos e toda persoa que queira colaborar connosco neste grande proxecto.