jueves, 28 de junio de 2012

Como distinguir as Pyronia

É ben certo que as Pyronia son das especies de bolboretas máis comúns que un pode atopar a pouco que saia da casa (os de cidade ide un pouco máis lonxe). Chega o calor e comezan a aparecer estes satirinos polas beiras dos camiños, entre as herbas e as silveiras. Son bastante bulideiras polo que quen desexa facerlles unha foto ten que andar atrás delas un bocado. De primeira impresión son moi parecidas e até que non reparamos nos pequenos detalles pode parecer que son todas da mesma especie agás a P. bathseba que por distribución e deseño das ás é manifestamente diferente das outras dúas.
O xénero das Pyronia pertence a orde dos Lepidoptera, superfamilia Papillionoidea, familia Nymphalidae, subfamilia Satyrinae, tribu Satyrini, subtribu Manilina.
O reverso da á anterior das tres especies é moi similar cun ocelo negro con dúas pupilas rodeado dun cerco amarelado ou máis claro que o fondo.
No reverso da á posterior:
- A P. tithonus ten uns pequenos ocelos brancos cun cerco á volta máis escuro .
- A P. cecilia ten esa banda vertical máis clara da á posterior e sen "ollos"
- A P. bathseba é máis escura e presenta na á posterior unha banda vertical branca ben definida así como os ocelos pupilados de riba a abaixo cercados dun borde máis claro e este rodeado de outro máis escuro.
Pyronia cecilia é a máis pequena, voa perto do chan e anda entre as herbas, a Pyronia tithonus é de maior tamaño e vese máis polos balados e as silveiras. No caso do territorio galego mentres P. tithonus e P. cecilia están presentes nas catro provincias (ausente no tercio norte, localizada no segundo tercio, ben distribuida e común no tercio sur¹), só vin a P. bathseba no sur de Ourense (uns poucos enclaves no sur orensán e SE lucense¹).

As P. tithomus e a P. cecilia voan nunha única xeración de xuño até agosto/setembro e a P. bathseba só a vin de finais de maio até finaiss de Xuño.
Por isto non debería de haber dificultade para distinguilas ao velas ao vivo pero nunha foto de ás abertas non é tan doado se o exemplar é femia.




Ademais das diferencias resaltadas na imaxe poderíase dicir que a P. cecilia ten no anverso da á anterior o ocelo rodeado dunha "cella" de cor máis clara que non ten a Pyronia tithonus.


A teoría está moi ben pero xa postos vamos a un exemplo práctico como o da fotografía do medio. Está tomada na Terra Chá, á altura do límite da provincia, nunha zona de monte no que se talou un piñeiral en épocas recentes con abundancia de silvas, gramíneas e fentos. A data é de primeiros de Agosto de 2010.
Vese que é unha femia porque non ten androconia na á superior. O ápice pódese dicir que é arredondado e que o ángulo da marxe interna inferior de cor escura uns dirán que é arredondado e outros que non, non ten ocelos na á posterior e as dobras pódese dicir que non están moi marcadas, como tamén parece ter un borde lixeiramente máis claro ("cella") derredor do ocelo da á superior. Ten entón características dunha e doutra, e algunha que pode parecer dubidosa. ¿Cal é?
É unha Pyronia tithonus porque fun eu quen lle fixo a foto, e púidena ver polo reverso, pero se ma enviásedes vós para determinar non sei se me atrevería a dar unha conclusión. 


¹ Eliseo Fernández Vidal, Guía de las mariposas diurnas de Galicia, Diputación Provincial, 1991

miércoles, 20 de junio de 2012

Nuevo registro de Apoplymus pectoralis en Galicia

Texto y fotos: Luis Álvarez.

La familia Berytidae Fieber, 1851 es una de las 38 familias de chinches o heterópteros presentes en la Península Ibérica. Engloba a insectos entre 4 - 12 mm (en las especies ibéricas) que se caracterizan por presentar un cuerpo alargado y esbelto, con patas muy delgadas y largas, con largas antenas de 4 segmentos o artejos. Además, el primer artejo de antenas y fémures está dilatado en su ápice. Los tarsos tienen 3 segmentos y presentan un par de ocelos en la cabeza. Casi todas las especies son muy polífagas y algunas son depredadoras facultativas. Habitualmente se encuentran asociados a diversas especies de plantas y los adultos pasan el invierno refugiados entre la hojarasca del suelo. En nuestras latitudes presentan ciclos biológicos univoltinos.

En la Península Ibérica han sido citadas 20 especies (Ribes et al., 2004) siendo Cataluña con 16 y la Comunidad de Madrid con 12 las regiones con mayor número de especies. En este sentido Galicia es una de las zonas donde peor se conoce esta familia. De hecho, en un trabajo realizado sobre los berítidos de la Península Ibérica (Costas et al., 2009) solo aparecen citadas 2 especies: Neides aduncus Fieber, 1859 en A Coruña y Berytinus (Lizinus) montivagus (Meyer-Dür, 1841) en A Coruña y Pontevedra. Posteriormente ha sido encontrada otra especie, Metatropis rufescens, que fue fotografiada por Belén Amarante el 05/06/2010 en un bosque de ribera del municipio de Coirós (A Coruña). La foto está publicada en la web Biodiversidad Virtual.

Recientemente se ha añadido a esta "lista" Apoplymus pectoralis Fieber, 1859 con la cita de un ejemplar de esta especie en la provincia de Pontevedra (Álvarez, 2012). Esta especie tiene una distribución holomediterránea, y ha sido citado en España en: Almería, Ávila, Barcelona, Cádiz, Córdoba, Granada, Jaén, Madrid, Málaga, Murcia, Salamanca, Tarragona y Valencia. Hay también algunas citas en Portugal, siendo las más septentrionales las de Beira Alta (Guarda) y las de Trás-os Montes. 

El 12/05/2012 fue observado de nuevo un ejemplar de Apoplymus pectoralis en el que probablemente sea el segundo registro de esta especie en Galicia. Este se produjo en la misma localidad que en la ocasión anterior, en Cerdedo (Pontevedra) y en similares circunstancias, un ejemplar adulto moviéndose lentamente entre una pequeña formación de jaras (Cistus psilosepalus) ubicadas en un jardín.

Apoplymus pectoralis fotografiado el 12/05/2012
Apoplymus pectoralis es difícil de encontrar por su pequeño tamaño y , quizás, también por la escasez de individuos. En cuanto a su identificación no presenta demasiadas complicaciones, y puede hacerse en base a fotografias, con lo que no es necesario ni capturar ni molestar a los ejemplares. La confusión más probable sería con alguno de los miembros del género Neides Latreille, 1802 pero Neides presenta una protuberancia frontal que Apoplymus no tiene y además Apoplymus apenas tiene individuos con las alas cubriéndole completamente el abdomen mientras que en Neides siempre está tapado del todo.

Detalle de la cabeza

Véase como las alas no cubren por completo el abdomen

Espero que esta entrada sirva para dar a conocer algo más de estos seres tan fascinantes.

Referencias

Álvarez, L. 2012. Primera cita de Apoplymus pectoralis Fieber, 1859 (Heteroptera: Berytidae) para Galicia (N. O. Península Ibérica). Arquivos Entomolóxicos, 6: 65-66.

Costas, M.; Vázquez, M. Á.; Ribes, J.; López, T. & Bonet, M. 2009. Los berítidos de la Península Ibérica (Hemiptera, Heteroptera), Berytidae Fieber, 1851. Boletín de la Real Sociedad española de Historia Natural Sección Biológica, 103 (1-4): 73-85.

Ribes, J.; Serra, A.; Goula, M. 2004. Catàleg dels heteròpters de Catalunya (Insecta, Hemiptera, Heteroptera). Institució Catalana d'Història Natural i Secció de Ciències Biològiques de l'Institut d'Estudis Catalans. Barcelona.

viernes, 15 de junio de 2012

As tres Boloria (Clossiana)

Vistas polo o anverso son tres bolboretas moi parecidas, un pouco maior unha que outra, pero o deseño alar por ese lado non é para poñerse a ver a bolboreta, a guía, a bolboreta, a guía, até que chega un momento en que haberá que decirlle: ¡péchaas!. E entón si, que se o punto, que se as manchas definen de que especie se trata.

                                                                                                                                 

Boloria seleneBoloria euphrosyneBoloria dia
Tamaño (mm.)32-4035-45 30-37
Pon os ovos enViola sp., Rubus sp., Fragaria vesca Viola sp., Fragaria vescaViola sp., Rubus sp.
OvoAmarelo estriadoVerde, cónico e estriado Amarelo, estriado
EirugaDe cor grisNegra con espiñas amarelasGris escura con espiñas ocres
Hibernan comoEirugaEiruga enrolada nunha folla secaEiruga
HábitatPrados con herbas altas e flores perto de cursos de augapradarias floreiras nas beiras de masas arbóreasprados húmidos, floridos, nas clareiras dos bosques
Altitude (m.)até 2.000até 1.900Entre 500-1500
Período de vóo De Abril até SetembroMaio e XuñoDe Maio até Agosto

Distribución (¹)
Boloria (Clossiana) selene: nas catro provincias, ampliamente distribuida no norte, máis localizada no sur.
Boloria (Clossiana) euphrosyne: zonas de montañas lucense e ourensán.
Boloria (Clossiana) dia: todas as provincias, localizada aínda que ampliamente distribuida a partir da zona media.

(Por certo son Clossiana e non Boloria, esto é algo parecido ao de Thaumetopoea versus Helianthocampa..., pero como nas guías modernas... Quens afirmen o contrario non fixeron unha xenitalia na súa vida.) Comentario persoal de Eliseo Fernández Vidal ao autor.
O nome aceptado en Faunaeur é Boloria (Clossiana), xa sexa selene, euphrosyne ou dia.

¹ Eliseo Fernández Vidal, Guía de las mariposas diurnas de Galicia, Diputación Provincial, 1991



martes, 12 de junio de 2012

Novas sorpresas odonatolóxicas en Galicia

Por Martiño Cabana

Nos dous últimos anos esta a suceder en Galicia unha auténtica revolución no coñecemento das libélulas e cabaliños do demo do noso territorio. Coa publicación da Field guide to the dragonflies of Britain and Europe de K.-D. Dijkstra & R. Lewington, forneceuse ós biólogos e naturalistas, dunha guía de fácil comprensión para coñecer tódalas especies presentes en Europa e Norte de África.

O traballo preliminar (e fundamental) que sentou a base da fauna odonatolóxica galega é A preliminary checklist of the Odonata of Galicia, de Adolfo Cordero, do ano 1996. Neste artigo exponse a existencia de 42 especies de libélulas e xa se fai unha valoración das especies que probablemente puideran estar presentes pero que aínda non foran detectadas. Estas eran: Lestes sponsa, Coenagrion caerulescens, Aeshna juncea, Aeshna isoceles, Anax parthenope, Gomphus vulgatissimus, Onychogomphus forcipatus, Sympetrum meridionale e Sympetrum flaveolum. Entre este artigo e o libro de K-D (que comezou a chegar a Galicia no 2010), xa se atoparon Onychogomphus forcipatus e Sympetrum meridionale.

Anax parthenope é unha destas novas especies que apareceron en Galicia durante os dous últimos anos. É unha especie do centro e sur de Europa e que na Península Ibérica só estaba rexistrada na costa mediterránea. Aquí deixo o artigo de Emilio, Genaro e Damián para que poidades desfrutar da descrición da especie en Galicia. Tamén indicar que Anxos e máis eu puidemos observar esta especie na provincia de Lugo.


O coñecemento do medio natural galego é moi desigual. As provincias de Coruña e Pontevedra presentan un mellor grao de coñecemento que as de Ourense e Lugo, que son grandes descoñecidas pese a ter un mellor estado de conservación. Hai dous anos, Anxos Romeo, Adolfo Cordero e máis eu comezamos a traballar nas serras orientais galegas. Froito deste traballo descubríronse tres novas especies para Galicia. A primeira delas foi Sympetrum flaveolum, que apareceu nas serras de Ancares, Trevinca e Macizo Central Ourensá. Aquí vai o artigo.




Cópula de Sympetrum flaveolum. Foto de Anxos Romeo.

Logo, apareceron dúas especies novas (ou case). Unha delas é Lestes sponsa e a outra, Aeshna juncea, só existía unha referencia duns exemplares observados no norte da provincia da Coruña.




Macho adulto de Lestes sponsa. Foto de Anxos Romeo.




Cópula de Aeshna juncea fotografíada no encoro de Cenza, Vilariño de Conso, Ourense. Fotografía de Adolfo Cordero.


A última especie que xerou un artigo de moito interese para os naturalistas galegos, foi a que reflexa a presenza de Orthetrum brunneum en Galicia. Esta especie non é nova para Galicia, xa que foi rexistrada por Navás na zona da Guarda pero os novos datos son moi interesantes xa que ubican as novas poboacións galegas no oriente ourensá. A presenza da especie en Verín (de P. Jahn en Feces de Abaixo, na fronteira con Portugal) resulta de grande interese ó que lle hai que engadir a que mostran os autores (José Gándara, Rafael Estévez e Tito Salvadores) e colaboradores (Anxos e Martiño) na zona de Valdeorras.




Macho adulto de Orthetrum brunneum. Nótese a cara de cor azul, en contraposición coa de O. caerulescens, que é marron. Foto de Anxos Romeo.


Xa para rematar, unha nova sorpresa chegou a Galicia. Anax ephippiger apareceu na nosa terra e Anxos e máis eu puidemos atopala nas catro provincias galegas. Esta é unha especie africana que sufre procesos de expansión en anos quentes e con fortes ventos saharianos que fan que percorra todo o territorio europeo.


Agora, son 51 as especies de libélulas presentes no territorio galego. O incremento foi notable. Esperemos que aparezan as que faltan (se é que as hai) e o que nos gustaría é que se comezara a estudar en profundidade este fermoso e interesante grupo animal.


Esta entrada vai adicada a Damián. Entusiasta dos odonatos e doutros moitos grupos animais.


domingo, 10 de junio de 2012

Presentación do proxecto R.A.F.E.G.

Por definición Biodiversidade galega fórmana un grupo de naturalistas, biólogos e afeizoados á natureza que desexan crear unha plataforma en internet para a profundizar no coñecemento da Biodiversidade de Galicia. Pretendemos agrupar os esforzos de calquera persoa ou entidade que desexe aportar información e coñecemento sobre a biodiversidade galega.
Dentro das actividades que Biodiversidade galega quere promover hai unha que está a piques de comezar:

- Rexistro de atropelos de fauna nas estradas galegas (RAFEG de agora en diante)

O RAFEG é unha iniciativa que, a título persoal ou como parte de outros estudos, vense facendo desde fai tempo por outras persoas ou entidades (nas nosas universidades hai persoas interesadas en determinadas especies, xéneros, familias, etc…). O que nós pretendemos e extender este rexistro para que poda ser feito por toda persoa que estea interesada en colaborar, centralizar a información e poñela a disposición dos estudosos, institucións e dos naturalistas en xeral.
Biodiversidade galega, como plataforma dinamizadora e integradora que pretende ser, pedirá a colaboración de outros blogs naturalistas galegos para axudar na recolla de datos, procesáraos e periodicamente enviaralles a información para que clicando sobre a imaxe do RAFEG calquer lector dos seus blogs teña acceso aos datos xerais actualizados.
Cada ano millóns de vertebrados, e probablemente un número  incalculable de invertebrados, morren atropelados nas estradas.  Na actualidade, os atropelos constitúen unha das principais causas de mortaldade non natural de algunhas das especies, moitas delas especies protexidas  e/ou ameazadas.

En Biodiversidade Galega queremos coñecer cal é a situación desta problemática  en Galicia co gallo de solicitarlle á administración, naqueles casos que se considere oportuno, medidas correctoras necesarias.

Para iso elaboramos un modelo de ficha que todas aquelas persoas interesadas en colaborar poden preencher. Trátase dunha ficha na que rexistraremos todos aqueles animáis  silvestres que nos atopemos atropelados nos nosos desplazamentos cotiás. Lamentablemente, moitos destos desplazamentos son a causa dos atropelos (e de outros graves problemas mediambientais) polo que trataremos de reducilos na medida  do posible ao máximo e tentaremos facer un uso racional do noso automóvel.
Somos conscientes  de que para determinadas especies (sobre todo aquelas de pequeno tamaño) os resultados obtidos mediante a recolla de datos soltos durante os nosos percorridos  en coche resultan claramente infraestimados respecto aos dos realizados a pé. Desgraciadamente estos últimos precisan dunha amplia participación cidadá co que en moitas ocasións non é posible levalos a cabo.

FICHA
Non é obrigatorio preencher todos os apartados aínda que canto máis completa sexa a información moito mellor.
Deben respetarse en todo momento as normas de circulación non poñendo en perigo de forma ningunha a propia seguridade ou a dos demáis usuarios.

Especie: É o dato máis importante de todos e, sempre que sexa posible, anotarase  co seu nome científico. Se non fose posible identificar a especie tentaremos precisar ao máximo. Por ex. ave non identificada, paseriforme indeterminado, Turdus sp.
Sexo: En moitas ocasións as diferencias entre ámbolos sexos son facilmente recoñecibles. Se así fose, indicarémolo.
Idade: Ao igual que para o sexo en moitas especies poderemos ver claramente se se trata de adultos ou de indivíduos novos.
Estado de conservación: Se o animal faleceu recéntemente ou se atopa en avanzado estado de descomposición.
Concello/Provincia: Por ej. Verín/Ourense
Estrada: Por ex. N-541
PTO. KM.: Sempre que sexa posible anotaremos o punto kilométrico máis próximo ao lugar do atropelo.
Localidade: Anota aquí cal é a localidade máis próxima ao lugar do atropelo ou calquera outra indicación que poda ser relevante.
U.T.M.: Indicaremos as coordenadas U.T.M. 10x10 do sitio.
Hábitat principal: Tipo de hábitat  do lugar do atropelo (cultivos, fraga, zona urbán,…).
Hábitat secundario: Si é posible tentaremos precisar ao máximo. Por ex. describindo o tipo de vexetación nun radio duns 20 mts. ao lugar del atropello
Data: Formato día/mes/ano. Este proxecto iniciase agora pero, todas aquelas persoas  que dispoñan de rexistros antiguos poden envialos tamén.
Climatoloxía/Temperatura: Si detectas una mortalidad reciente (especialmente no caso de anfibios e reptiles) anota por ex. se choveu a noite anterior, se o ceo está cuberto, se fai vento,... Podes anotar tamén a temperatura (os coches modernos indícana) e se vai referida a unha hora en concreto (por ex. 18ºC a las 9:30) moito mellor.
Observador:
Outros datos de interese: Anota aquí todo o que consideres que pode ser importante (existencia de pozas ou puntos de agua nas próximidades, se fixeche un percorrido a pé.. )

Para calquera dúbida ou consulta contacta con nós.

BIODIVERSIDADE GALEGA

miércoles, 6 de junio de 2012

Colabora con Biodiversidade Galega



O territorio galego é unha das zonas da Iberia que alberga unha grande riqueza de especies. A multitude de hábitats existentes, os diferentes dominios climáticos e a ampla cantidade de ecosistemas, fan que Galicia sexa un auténtico punto quente de biodiversidade. Sen embargo, é unha zona onde reina o descoñecemento da biodiversidade que temos. Son moitos os grupos animais e vexetais nos que se ten traballado e nestas investigacións xerouse unha información moi interesante para o coñecemento da nosa biodiversidade. Sen embargo, estes estudos poucas veces alcanzaron o grao de intensidade necesario para ser un reflexo fiel da realidade. En moitos outros grupos animais, o descoñecemento é tan grande, que nin sequera coñecemos as especies que habitan Galicia.

Desexamos ter unha ferramenta na rede capaz de artellar unha mancomunidade de afeccionados e expertos nas diferentes especies que habitan o territorio galego. O primeiro paso que desexamos dar é crear un blog onde todos os entusiastas da natureza e da biodiversidade podan ir dando a coñecer as noticias, imaxes, estudos, denuncias, sobre o estado actual da biodiversidade galega. Pero esperamos non quedarnos aquí. Este só será un pequeno paso como preludio dun grande portal galego da biodiversidade.

É por iso que necesitamos da túa axuda. Da axuda de todos. Por que queremos crear un portal onde centralizar toda a información biolóxica existente, recollendo noticias doutros blogs e medios de comunicación, realizando artigos descritivos e fichas de identificación, propoñendo traballos de campo e actividades, promovendo colaboracións e artellando unha base de dados á que calquera puidese ter acceso para os seus estudos. Son necesarias persoas expertas nos distintos apartados que abrangue a biodiversidade, persoas que dominen aspectos informáticos, lingüísticos, legais así como entusiastas da natureza para o mantemento xeral do proxecto.

Necesitamos biólogos expertos nos distintos grupos animais e vexetais. Necesitamos naturalistas para facer saídas ao campo, artigos, fichas de identificación, deseños, fotografías, vídeos. Necesitamos persoas con coñecementos informáticos para levar un servidor e un portal web. Necesitamos blogueiros, deseñadores, fotógrafos e toda persoa que queira colaborar connosco neste grande proxecto.