O territorio galego é unha das zonas da Iberia que alberga unha grande riqueza de especies. A multitude de hábitats existentes, os diferentes dominios climáticos e a ampla cantidade de ecosistemas, fan que Galicia sexa un auténtico punto quente de biodiversidade. Sen embargo, é unha zona onde reina o descoñecemento da biodiversidade que temos. Son moitos os grupos animais e vexetais nos que se ten traballado e nestas investigacións xerouse unha información moi interesante para o coñecemento da nosa biodiversidade. Sen embargo, estes estudos poucas veces alcanzaron o grao de intensidade necesario para ser un reflexo fiel da realidade. En moitos outros grupos animais, o descoñecemento é tan grande, que nin sequera coñecemos as especies que habitan Galicia.
Desexamos ter unha ferramenta na rede capaz de artellar unha mancomunidade de afeccionados e expertos nas diferentes especies que habitan o territorio galego. O primeiro paso que desexamos dar é crear un blog onde todos os entusiastas da natureza e da biodiversidade podan ir dando a coñecer as noticias, imaxes, estudos, denuncias, sobre o estado actual da biodiversidade galega. Pero esperamos non quedarnos aquí. Este só será un pequeno paso como preludio dun grande portal galego da biodiversidade.
Necesitamos biólogos expertos nos distintos grupos animais e vexetais. Necesitamos naturalistas para facer saídas ao campo, artigos, fichas de identificación, deseños, fotografías, vídeos. Necesitamos persoas con coñecementos informáticos para levar un servidor e un portal web. Necesitamos blogueiros, deseñadores, fotógrafos e toda persoa que queira colaborar connosco neste grande proxecto.
Enhorabuena por el proyecto. Lo voy a divulgar.
ResponderEliminarApertas!
Paréceme unha idea estupenda, e se necesitades axuda (saídas ao campo, fotos..), estarei encantada de participar en un proxecto tan interesante. Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas, Maeglin. Se che parece ben, mándanos un correo a biodiversidade.galega@gmail.com para poder informarte das necesidades que vaiamos tendo e intentar que poidas colaborar co proxecto.
EliminarUnha aperta,
Martiño Cabana
Biodiversidade Galega
Os meus parabéns...dende xa vinculo a vosa idea ao meu bló...a colaboración que poda prestar contade con ela.
ResponderEliminarUnha aperta pra todo o mundo.
Moitísimas grazs, Rafael. Un pracer contar coa túa colaboración. A idea é ter a moitos colaboradores (agora temos seis ou sete entradas de varios autores) para ir facendo materiais para aprender da natureza galega.
EliminarUnha aperta,
Martiño Cabana
Biodiversidade Galega
Noraboa! dende o CFEA de Guísamo vos compartimos o noso gran de area cun proxecto de herbario dixital de especies do noso centro, que estamos a desenvolver dende este curso académico, vos deixamos o enlace á nosa páxina web para máis información:
ResponderEliminarhttp://www.cfeaguisamo.org/webcfea/index.php/formacion-reglada/104-herbario-dixital-das-especies-ornamentais-do-cfea-de-guisamo-enlaces
Un saúdo!
Magnífica iniciativa. Tanto o que vos facedes como o que estamos facendo desde Biodiversidade Galega ten o mesmo fin: dar a coñecer a maraviollosa biodiversidade que temos no noso país.
EliminarUnha aperta,
Martiño Cabana
Biodiversidade Galega
Ola compañeiros!
ResponderEliminarNoraboa pola iniciativa!! E por suposto, a miña total colaboración, polo menos a que me permita o meu pouquiño tempo dispoñible...
En noiteneghra xa estades enlazados e publicados.
Unha aperta.
Grazas Alberto. O tempo é moi limitado e argallamos en damasiadas cousas ;)). A túa colaboración é moi benvida e seguro que a daremos canalizado da maneira máis adecuada.
EliminarUnha aperta,
Martiño Cabana
Biodiversidade Galega
É unha iniciativa fantástica, estou seguro que toda a xente vencellada coa natureza vai colaborar con este proxecto.
ResponderEliminarPola miña banda, de xeito particular, podedes contar có que humildemente poida aportar e, lóxicamente, teremos que valoralo en xunta directiva da Sociedade Micolóxica Lucus para poder contribuir tamén a nivel asociación.
De momento ímolo xa difundir para dar a coñecer o proxecto e que poida colaborar e participar a xente que o desexe, cantos máis sexamos, máis comprometidos e unidos, este proxecto acadará a importancia que merece.
Noraboa e unha aperta.
Grazas, Jose. Xa tiña pensado falar con vos persoalmente sobre a vosa colaboración. Por que non vos animades a ensinarnos a distinguir diferentes grupos de setas que hai no noso territorio? Entradas do tipo de como distinguir as diferentes Amanitas, ou principais xéneros de tal familia, ou bioacumulación de metais pesados en fungos, etc, etc, pode ser información moi interesante para o público. Coñecedes a moitos micólogos, que adoita a ser un grupo moi entusiasmado coa difusión da natureza. Sería moi interesante contar coa vosa colaboración na creación de entradas. O obxectivo deste blog non é que un grupo pechado de xente publique sobre tres ou catro grupos animais ou vexetais, senón que sexa un proxecto colaborativo e aberto a tódolos naturalistas que desfrutan da natureza.
EliminarUnha aperta,
Martiño Cabana
Biodiversidade Galega
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarMartiño, como intervín a título persoal por iso mesmo fun moi cauto nas miñas verbas sobre a colaboración da nosa asociación, xa sabes que adoitamos ser responsables e facer as cousas ben, polo que prefiro esperar a que haxa un acordo de Xunta Directiva por respecto aos meus compañeiros, pero ti xa sabes que a nosa asociación está sempre a traballar e colaborar con proxectos onde a natureza vaia por diante, por tanto en poucos días xa se pronunciará a asociación de xeito "oficial" e estou seguro que vas levar unha sorpresa agradable que posiblemente nen a imaxinas jajaja
EliminarUnha aperta,
Jose
Martiño agora si xa é oficial. Por acordo de Xunta Directiva, a Sociedade Micolóxica Lucus súmase a este ilusionante proxecto, tentaremos contribuír ao coñecemento e protección da biodiversidade galega e a difundir este proxecto cos medios de que dispoñemos.
ResponderEliminarUnha aperta.